EspañolGalego

Asemblea Xeral do Consello Xeral de Colexios Oficiais de Médicos de España

Santiago de Compostela. 23 de febreiro de 2019

asamblea_omc

O pasado 23 de febreiro celebrouse en Santiago a Asemblea Xeral do Consello Xeral de Colexios Oficiais de Médicos de España. No salón nobre do pazo de Fonseca reuníronse os presidentes das institucións colexiais de toda España, mentres que o encontro dos secretarios tivo lugar no Hostal dos Reis Católicos.

Tras finalizar a asemblea, os representantes dos colexios trasladáronse ao Hotel Monumento San Francisco para un xantar no que tamén participou o presidente Da Xunta, Alberto Núñez Feijoo e, máis tarde, organizáronse visitas culturais pola capital galega, coas que os dirixentes colexiais e os seus acompañantes coñeceron os aspectos máis notables da súa historia, acompañados por seis guías. Por último, o programa social completouse cunha cea no restaurante El Quijote.