EspañolGalego

XII Encontro Médico

15 de xuño de 2019. Salón Arao de Palexco

O próximo 15 de xuño o Colexio Oficial de Médicos da Provincia da Coruña celebrará a duodécima edición da súa gran festa anual, o Encontro Médico. No seu transcurso, outorgarase a medalla de Ouro e Brillantes, o máximo galardón que concede a institución colexial, e tamén se fará entrega dos títulos de colexiados de honra e honoríficos aos médicos máis veteranos.