EspañolGalego

XII Encontro Médico

15 de xuño de 2019. Palacio de Exposicións e Congresos da Coruña

_dsc0328

O sábado, 15 de xuño, o Colexio Médico celebrou a duodécima edición do Encontro Médico, no que o doutor Joaquín Solar Boga recibiu a Medalla de Ouro e Brillantes da institución colexial e entregáronse os títulos de Colexiados de Honra e Honoríficos. Tamén se homenaxeou aos 14 Centros, Servizos e Unidades de Referencia (CSUR) dos hospitais da Coruña e Santiago, aos servizos que lles prestan apoio e á vicesecretaria da OMC, Rosa Arroyo.

Tras unha misa en honra aos colexiados falecidos na igrexa conventual de San Francisco, ás 12,30 horas deu comezo o acto central, presidido polo presidente @de la Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijoo. Xunto a el estiveron o conselleiro de Sanidade do Goberno galego, Jesús Vázquez Almuíña; o presidente do Colexio, Luciano Vidán; o fiscal superior de Galicia, Fernando Suanzes; o reitor da Universidade da Coruña, Julio Abalde; o vicedecano da Facultade de Medicina da USC, José Carreira; o presidente de Agrupación Mutual Aseguradora (A. M.A.), Luis Campos; e os presidentes da Comisión de Honras e Premios e de Deontoloxía do COMC, os doutores Miguel de Santiago e Fernando Domínguez Puente, respectivamente.

Descargue aquí a crónica do evento