VI Torneo de pádel, tenis e squash "Non estamos soas"
Do 5 ao 15 de setembro de 2019. Zona Pádel y Squash
Entre o 5 e o 15 de setembro celebrouse a sexta edición do torneo solidario Non estamos soas nas pistas de Zona Pádel e Squash, en Pastoriza (Arteixo). Os beneficios obtidos doaranse á Xunta Provincial da Coruña da Asociación Española Contra o Cancro.
En total, máis de 600 persoas inscribíronse no torneo, e o pádel é o deporte que atrae a máis deportistas, con 274 parellas -medio centenar máis que na edición anterior-. Pola súa banda, na competición de tenis participan 50 persoas, e na de squash, 8.
Descargue aquí a nota de prensa sobre a apertura do prazo de inscrición
Descargue aquí a nota de prensa sobre o peche do prazo de inscrición