EspañolGalego

Firma dun convenio entre a Xunta Provincial da Coruña da AECC e a Asociación de Empresarios de Agrela

26 de novembro de 2019. Sede da Asociación de Empresarios de Agrela

O próximo 26 de novembro, ás 17,00 horas, procederase á firma dun convenio entre a Xunta Provincial da Coruña da Asociación Española Contra o Cancro e a Asociación de Empresarios de Agrela para realizar campañas de promoción da saúde e de prevención do cancro entre os 20.000 traballadores que integran os persoais das máis de 300 empresas do polígono. O acto terá lugar na sede da entidade empresarial, situada na Rúa Copérnico, 3-1º.