EspañolGalego

Mesa redonda "Violencia sobre a muller, unha visión para médicos". Sede do Colexio Médico en Santiago

O próximo 10 de decembro, ás 17,30 horas, na sede compostelá do Colexio Oficial de Médicos da Provincia da Coruña, (rúa San Pedro de Mezonzo, 39), celebrarase unha mesa redonda titulada Violencia sobre a muller, unha visión para médicos, na que participarán o maxistrado xuíz da Audiencia Provincial da Coruña, Miguel Filgueira; a traballadora social, Dolores Gómez Dasilva; o psicólogo do Imelga, Roberto Castro; a médica de Urxencias do Hospital Gregorio Marañón de Madrid e integrante do Grupo MUEjeres da Sociedade Española de Medicina de Urxencias e Emerxencias (Semes), Iria Miguéns; o médico de Medicina Familiar e Comunitaria do Centro de Saúde de Monforte, Rosendo Bugarín; o xefe accidental da UFAM da Brigada Provincial de Policía Xudicial da Coruña, Miguel Ángel Carracedo, e a xornalista e membro de Xornalistas Galegas, Sara Carreira.