EspañolGalego

Día da Amizade da Asociación Provincial de Amas de Casa, Consumidores e Usuarios da Coruña

25 de outubro de 2019. Palacio de Exposicións e Congresos da Coruña (Palexco)

diaamistad2019

O pasado 25 de outubro, a Asociación Provincial de Amas de Casa, Consumidores e Usuarios da Coruña celebrou o seu tradicional Día da Amizade. No seu transcurso entregóuselle a Insignia de Ouro da institución e un pergamiño á Asociación da Prensa coruñesa, en recoñecemento "ao marabilloso labor que realizan os xornalistas en prol da liberdade de expresión, a información veraz e contrastada e a conformación dunha opinión pública consciente e responsable". Tamén se homenaxeou á xefa do Servizo de Acción Social do Concello, Regra Dávila "polo seu extraordinario labor en prol dos excluídos da sociedade e daquelas persoas que menos teñen e máis necesitan", que recibiu o Premio á Participación Cidadá 2019. Ademais, entregóuselles un diploma ás asociadas con 25 anos de militancia na Asociación.

No acto, que foi presentado pola xornalista Mayte Corbelle, pronunciaron senllos discursos a presidenta da entidade, Rosa Celia Otero Raña, e a presidenta da Asociación da Prensa da Coruña, Doda Vázquez.

Despois do xantar, actuou un grupo folclórico e procedeuse ao sorteo de medio centenar de agasallos, doados por distintas firmas comerciais.