EspañolGalego

VII Premios Cogave

16 de novembro de 2019. Palacio de Exposicións e Congresos da Coruña (Palexco)

premioscogave2019

O pasado 16 de novembro, o Palacio de Exposicións e Congresos da Coruña (Palexco) foi o escenario elixido para a celebración da gala de entrega dos VII Premios da Confederación Galega de Asociacións Veciñais Rosalía de Castro (Cogave). Ao acto asistiron máis de 200 persoas, entre elas a subdelegada do Goberno de España na provincia coruñesa, Pilar López-Rioboo; a directora xeral de Administración Local da Xunta de Galicia, Marta María Fernández-Tapias; a alcaldesa de Lugo, Lara Méndez; a concelleira de Innovación, Industria, Emprego e Consumo do Concello da Coruña, Eva María Martínez Acón; a presidenta da Cogave, Luisa Varela, e unha ampla representación das federacións veciñais da Coruña, Ferrol, Lugo, Ourense, Vigo, Pontevedra e Cangas do Morrazo. A xornalista Loreto Silvoso foi encargada de presentar o evento.

Descargue aquí a previsión informativa

Descargue aquí a nota de prensa