EspañolGalego

Mesa redonda "Violencia sobre a muller, unha visión para médicos"

28 de novembro de 2019. Sede do Colexio Oficial de Médicos da Provincia da Coruña

violenciadegenero

O 28 de novembro e o 10 de decembro celebráronse, nas sedes do Colexio Oficial de Médicos da Provincia da Coruña na cidade herculina e en Santiago, dúas mesas redondas tituladas Violencia sobre a muller, unha visión para médicos, nas que participaron o maxistrado xuíz da Audiencia Provincial da Coruña, Miguel Filgueira; a traballadora social, Dores Gómez Dasilva; o psicólogo do Imelga, Roberto Castro; a médica de Urxencias do Hospital Gregorio Marañón de Madrid e integrante do Grupo MUEjeres da Sociedade Española de Medicina de Urxencias e Emerxencias ( Semes), Iria Miguéns; o médico de Medicina Familiar e Comunitaria do Centro de Saúde de Monforte, Rosendo Bugarín; o xefe accidental da UFAM da Brigada Provincial de Policía Xudicial da Coruña, Miguel Ángel Carracedo, e a xornalista e membro de Xornalistas Galegas, Sara Carreira.

Do debate produciranse 12 vídeos, que se distribuirán entre os 6.500 colexiados do Colexio Médico coruñés e entre os integrantes da Semes. O acto conta co patrocinio da Consellería de Sanidade da Xunta de Galicia e coa colaboración da Sociedade Española de Medicina de Urxencias e Emerxencias.

Descargue aquí a previsión informativa da Coruña

Descargue aquí a previsión informativa de Santiago

Descargue aquí a nota de prensa