EspañolGalego

La AECC y la investigación oncológica, una visión desde la provincia de A Coruña

16 de xaneiro. Sede do Colexio Oficial de Médicos da Provincia da Coruña

aecc_investigacion_16_1_20

O pasado 16 de xaneiro, na sede do Colexio Oficial de Médicos da Provincia da Coruña da rúa Riego de Agua, celebrouse o acto titulado A AECC e a investigación oncolóxica, unha visión desde a provincia da Coruña, organizado pola Xunta Provincial da Coruña da Asociación Española Contra o Cancro.

No seu transcurso, o presidente provincial da AECC, Manuel Aguilar, fixo entrega de dúas bolsas  predoctorais, cun importe de 60.000 euros cada unha, a dúas investigadoras da Coruña e Santiago. Despois, interviñeron o xerente do Sergas, Antonio Fernández-Campa, e a directora xeral da Fundación Científica da AECC, Isabel Orbe.

A continuación, Marisol Soengas, membro da Xunta Directiva da Asociación Española de Investigación sobre o Cancro (Aseica), coordinadora de Aseica-Muller e directora do Grupo de Melanoma do Centro Nacional de Investigacións Oncolóxicas (CNIO), presentou ao público a súa asociación e o ciclo de charlas Con nome de muller: Ciencia a pé de rúa. Ao seu termo, pronunciou unha conferencia sobre os avances en investigación en cancro de pel.

O acto pechouse cunha mesa redonda sobre investigación oncolóxica moderada por María Mayán, coordinadora do grupo de investigación CellCOM, do Instituto de Investigación Biomédica da Coruña ( Inibic). Nela participarán como relatores Isabel Varela, presidenta electa da Sociedade Española de Bioquímica e Bioloxía Molecular; Raúl Romar, xornalista de La Voz de Galicia; Carla Reyes, presidenta da Asociación de  Executivas de Galicia, e Rosario García Campelo, oncóloga do  Chuac.

Descargue aquí a previsión informativa

Descargue aquí a nota de prensa