EspañolGalego

A rehabilitación da contorna do faro de Estaca de Bares, na exposición Public Architecture, Future of Europe de Moscova

A rehabilitación da contorna do faro de Estaca de Bares, na exposición Public Architecture, Future of Europe de Moscova

4 de febreiro de 2020

O proxecto de rehabilitación da contorna do faro de Estaca de Bares, obra do arquitecto coruñés Carlos Seoane e promovido por Turgalicia, foi seleccionado para formar parte da exposición Public Architecture, Future of Europe, que se inaugurou o pasado 30 de xaneiro no Museo Schusev de Arquitectura, en Moscova, e que está organizada coa colaboración do European Cultural Center. A iniciativa foi elixida xunto a outras corenta de toda Europa, e estará exposta na capital rusa ata o próximo 10 de maio, compartindo espazo con ideas relacionadas coa planificación urbana, as edificacións sostibles, a mobilidade e os espazos públicos.

A obra, que xa participou na XI Bienal Iberoamericana de Arquitectura e Urbanismo de Asunción (Paraguai) do ano pasado, consistiu na recuperación dunha plataforma de aparcamento que, ademais, xerou un espazo desde o que poder contemplar a paisaxe. Tamén mellorou o acceso ao faro e a súa contorna grazas a unha senda e ao derrube dunha prominente torre de sinais acústicos que, no pasado, serviu para guiar aos barcos nos días de néboa, pero que xa non se utilizaba.

Descargue aquí a nota de prensa