EspañolGalego

Diálogos en feminino. Sen maltrato, mulleres libres e iguais

portada_dialogos_feminino

42 páxinas.

Volume único.

Esta publicación recolle as intervencións do foro Diálogos en feminino. Sen malos tratos, mulleres libres e iguais, organizado pola Federación de Asociacións de Veciños da Coruña e a súa Área metropolitana coa colaboración do Concello herculino, que se celebrou no Sporting Club Casino da Coruña o 18 de decembro de 2019. Nela transcríbense, na súa integridade, as intervencións da moderadora e presidenta da Federación veciñal, Luisa Varela; dos cinco relatores: María Debén, Mar Barcón, Dores Gómez, Miguel Ángel Filgueira e Miguel Carracedo; e do público, entre o que se atopaban a subdelegada do Goberno na Provincia da Coruña, Pilar López- Rioboo; as concelleiras Yoya Neira e Eva Martínez Acón (PSOE) Silvia Cameán e Claudia Delso (Marea Atlántica), Mónica Martínez (Cidadáns), e o edil Antonio Deus (PP).