EspañolGalego

Presentación lo libro "Reflexións desde a arquitectura"

18 de febreiro de 2020. Academia Galega de Belas Artes

O pasado 18 de febreiro presentouse, na Academia Galega de Belas Artes, o libro Reflexións desde a arquitectura, do que son autores Paco Docampo e Daniel Viña, e que protagonizan 41 arquitectos galegos ou que residen e teñen obra en Galicia. No seu transcurso interviñeron un dos asinantes da publicación, Daniel Viña, e os arquitectos Xosé Manuel Casabella e Fernando Agrasar.

No acto rendeuse homenaxe a un dos protagonistas do libro, Andrés Fernández-Albalat Lois, recentemente falecido. A laudatio correrá a cargo do profesor e exdirector da Escola Técnica Superior de Arquitectura da Coruña (ETSAC), Fernando Agrasar.

Descargue aquí a previsión informativa