EspañolGalego

José Lendoiro Fernández, un home bo

portada_lendoiro

 

Volume único

200 páxinas

Esta obra recolle a biografía do empresario José Lendoiro Fernández a través dos testemuños das persoas ás que máis quixo e que máis o quixeron: a súa muller, Rosa; os seus fillos, José Manuel, Rosa, Celia, Miguel e Ana; as súas netas, Rosa e Ana; o seu primo Enrique e o seu fiel traballador, José Manuel Vázquez.

José Lendoiro era, segundo quen o coñecía, unha boa persoa. Pasou polo mundo facendo o ben. A súa infancia foi difícil. Con menos de 12 anos viu morrer a dous dos seus irmáns e ao seu pai. Con esa idade, asumiu o papel de cabeza de familia e púxose a traballar no porto pesqueiro da Coruña. Cunha firme e decidida determinación, mantivo á súa nai e ao seu irmán e axudou ás súas tías e a un dos seus curmáns. Traballador incansable, terminou comprándolle ao seu xefe a empresa de exportación de peixes na que prestaba os seus servizos. Con 39 anos casou con Rosa Celia Otero Raña, o gran amor da súa vida.

 

PRÓXIMOS EVENTOS