EspañolGalego

Que facemos?

Levamos a súa mensaxe onde vostede queira, e como vostede queira. Dominamos os códigos de prensa, radio, televisión e internet. Deseñamos estratexias de comunicación, organizamos roldas de prensa, presentacións, e congresos. Confeccionamos e distribuímos libros, xornais e revistas; e facemos o seguimento informativo daqueles temas que afectan directamente ás empresas e organismos públicos que confían en nós.

A nosa política é a de chave en man. Desenvolvemos todos e cada un dos nosos servizos, de principio a fin. Asumímolo todo. Nos nosos actos, encargámonos de invitacións, confirmacións, deseños, programas, protocolo, montaxe, recepción de invitados, carpas, medios audiovisuais, etcétera. Nas nosas publicacións elaboramos os textos, localizamos ás fontes, tomamos fotografías, maquetamos, corriximos, levamos o produto a imprenta, e mesmo o distribuimos. Asumimos até o máis mínimo detalle, para que o cliente non teña ningún motivo de preocupación.