EspañolGalego

Xunta Provincial da Asociación Española contra o Cancro na Coruña

Carreira A  aecc en marcha

3 de xuño de 2018. A Coruña

Máis de 3.600 deportistas participaron, o pasado 3 de xuño, na sétima edición da carreira popular A  aecc en marcha, que organiza a Xunta Provincial da Coruña da Asociación Española contra o Cancro. O evento tivo lugar en torno ao Día Mundial sen Tabaco, e serviu para promocionar o exercicio físico como unha das mellores formas de previr o desenvolvemento de tumores  malignos, ademais de difundir os programas e servizos da  aecc na provincia. A recadación obtida con este evento destinouse a financiar os programas de investigación, asistencia e prevención que realiza a ONG.

Descargue aquí a previsión informativa co inicio do prazo de inscrición

Descargue aquí a previsión informativa co final do prazo de inscrición

Descargue aquí a previsión informativa do evento

Descargue aquí a previsión informativa da  masterclass impartida por  Andrés Díaz


Gala Un  sorriso contra o cancro

1 de xuño de 2018. Arteixo

O pasado 1 de xuño celebrouse no auditorio do centro cívico de Arteixo  a primeira gala de comedia Un  sorriso contra o cancro, organizada a favor da Asociación Española Contra o Cancro. Os humoristas  arteixanos Pepe  Capelán e Manuel de Eva exerceron como presentadores, e no evento tamén interviñeron, cos seus monólogos, o cómicos Perico  Rober, Ángela  Triana e David  Perdomo. Ademais, o dúo Izquierdo  Sisters -composto por  Marita Martínez e Lucía Veiga-,  protagonizou un espectáculo de improvisación cómica no que fixeron partícipe ao público.

Descargue aquí a previsión informativa


Cuestación anual 2018

10 de maio de 2018. A Coruña

Unhas 450 persoas entre voluntarios e traballadores da Xunta Provincial da Asociación Española Contra o Cancro na Coruña, saíron á rúa o pasado 10 de maio, para a cuestación anual da  aecc, co obxectivo de recadar fondos para financiar o traballo solidario da ONG. Na cidade herculina instaláronse un total de 34 mesas, para chegar a todos os barrios e a todos os veciños.

Descargue aquí a previsión informativa


Día Mundial Contra o Cancro de Colon

31 de marzo de 2018

A Xunta Provincial da Coruña da Asociación Española contra o Cancro organizou diferentes actividades para conmemorar o Día Mundial contra o Cancro de Colon, que se celebrou o pasado 31 de marzo.

Segundo a Asociación Española Contra o Cancro, o cancro colorrectal é o máis frecuente en España, con máis de 34.300 casos detectados en 2017 -o 15% do total-. Tanto en homes como en mulleres, é o segundo máis diagnosticado, por detrás do cancro de próstata e o de mama, respectivamente. E é o segundo tumor  maligno que máis mortes causa no noso país, con case 16.000 defuncións ao ano, só superado polo de pulmón. Con todo, pode superarse en 9 de cada 10 casos se se detecta a tempo mediante un test de sangue oculto en feces.

Consulte a previsión informativa coas actividades da Coruña e comarca

Consulte a previsión informativa coas actividades de Santiago e comarca

Consulte a previsión informativa coas actividades de Ferrol e comarca

 

Manuel Aguilar, novo presidente da Xunta Provincial da Coruña da aecc

23 de marzo de 2018. A Coruña

_dsc0258

O Consello Executivo Nacional da Asociación Española contra o Cancro nomeou presidente da ONG na provincia da Coruña a Manuel Aguilar López, que substitúe no cargo a María Elena Viturro de la Torre. Manuel Aguilar, licenciado en Dereito pola Universidade de Santiago de Compostela e cunha ampla experiencia como xestor, é un bo coñecedor do ámbito social e unha persoa moi implicada nas causas solidarias.

Descargue aquí a nota de prensa

 

Día Mundial Contra o Cancro

4 de febreiro de 2018

A Xunta Provincial da Coruña da Asociación Española contra o Cancro organizou diversas actividades para celebrar o Día Mundial contra o Cancro, que se conmemora cada ano o 4 de febreiro. Durante os días previos e seguintes a esa data, as mesas informativas e as charlas divulgativas sobre chegárona a diversos municipios da provincia.

Consulte a previsión informativa coas actividades da Coruña e comarca

Consulte a previsión informativa coas actividades de Santiago e comarca

Consulte a previsión informativa coas actividades de Ferrol e comarca

Consulte a previsión informativa coas actividades de Carballo e comarca

Consulte a previsión informativa coas actividades da comarca do Barbanza

 

A Xunta Provincial da aecc entregou unha placa ao Club de Leones La Coruña Decano

28 de novembro de 2017. A Coruña

placa_leones

A presidenta da Xunta Provincial da Coruña da aecc, María Elena Viturro, entregou o pasado 28 de novembro, na sede da asociación, unha placa de agradecemento ao Club de Leóns Decano da nosa cidade representado pola súa presidenta, Ana Jato, que estivo acompañada pola vicepresidenta da entidade, María Teresa Fernández; a súa tesoureira, Elizabeth Guyatt, e o seu secretario, Arturo Carrio.

Descargue a nota de prensa

 

Día Mundial contra o Cancro de Mama 2017

19 de outubro de 2017

A Xunta Provincial da Coruña da Asociación Española contra o Cancro deu comezo ás actividades para celebrar o Día Mundial contra o Cancro de Mama, que se celebra cada ano o 19 de outubro. Durante os próximos días, as mesas informativas e as charlas divulgativas sobre a enfermidade chegarán a diversos concellos da provincia.

O cancro de mama é o tumor máis frecuente entre as mulleres occidentais. Só en España, diagnostícanse máis de 25.000 casos cada ano, a maioría, en pacientes de entre 35 e 80 anos, segundo datos da aecc. A incidencia varía dunhas comunidades a outras, pero a media nacional sitúase en 50,9 casos por cada 100.000 habitantes.

Tanto no noso país como no resto do mundo, o número de casos e a taxa de incidencia aumenta a un ritmo de entre o 1 e o 2% anual, debido ao envellecemento da poboación e a un diagnóstico cada vez máis precoz. Estímase que unha de cada oito mulleres padecerán cancro de mama ao longo da súa vida.

Consulte a previsión informativa coas actividades de Santiago e comarca

Consulte a previsión informativa coas actividades da Coruña e comarca

Consulte a previsión informativa coas actividades de Ferrol e comarca

Consulte a previsión informativa coas actividades de Carballo e comarca

Consulte a previsión informativa coas actividades da comarca do Barbanza

 

IV Torneo Non estamos soas

Do 30 de agosto ao 10 de setembro de 2017. Zona Pádel (Arteixo)

_dsc1034

O IV Torneo Solidario de pádel, tenis e squash Non estamos soas, organizado a beneficio da Asociación Española Contra o Cancro (aecc), celebrouse entre o 30 de agosto e o 10 de setembro, nas pistas de Zona Pádel e Squash, en Pastoriza (Arteixo), co obxectivo de recadar fondos para a loita contra os tumores malignos e levar unha mensaxe de esperanza a todas aquelas persoas que padecen esta enfermidade.

Descargue aquí o dossier de prensa do torneo

Descargue aquí a previsión informativa do inicio do prazo de inscrición

Descargue aquí a previsión informativa da rolda de prensa de presentación

Descargue aquí a previsión informativa do peche do prazo de inscrición

Descargue aquí a previsión informativa do inicio dle torneo

 

Presentación do libro Limaduras de prata, de Luisa Abad

1 de xuño de 2017. A Coruña

A escritora Luisa Abad presentou, o pasado 1 de xuño, o seu poemario Limaduras de prata na Asociación Veciñal Agra do Orzán . O acto interviñeron, ademais da autora do libro, a escritora Mercedes Leobalde e o músico Erre. Todo o recadado coa venda da obra doarase á Asociación Española Contra o Cancro

Descargue aquí a nota de prensa

 

Cuestación anual 2017

25 de maio de 2017. A Coruña

Máis de 400 persoas, entre voluntarios e traballadores da xunta provincial da Asociación Española Contra o Cancro na Coruña, saíron á rúa, o pasado 25 de maio, para o peditorio anual que celebra a aecc, co obxectivo de recadar fondos para financiar o traballo solidario da ONG.

Na cidade herculina instaláronse un total de 32 mesas, para chegar a todos os barrios e a todos os veciños. Como novidade, este ano incorporouse unha mesa musical, situada no Cantón Grande, na que actuaron Pocho Taxes, Manu López, Vos Piñeiros, Carlos Liñares, Juan Folla, Gandy, Carlos Bau, Hugo Torreiro, Richi Ponce e Alda Várez, Miguelón, Dani Royo e César Miranda.

Descargue aquí a nota de prensa

 

Día Mundial contra o Cancro de Colon 2017

31 de marzo de 2017

Con motivo da celebración do Día Mundial contra o Cancro de Colon e, a Asociación Española contra o cancro despregou unha serie de mesas informativas en varias cidades da provincia coruñesa.

Segundo a aecc, o cancro de colon é "o tumor maligno de maior incidencia en España", e ofreceu uns datos que cualificou de "arrepiantes". "No noso país detéctanse, anualmente, 20.000 casos novos en homes e 14.000 en mulleres. A súa incidencia é do 10-15% do total de tumores malignos. En España falecen por esta causa case 15.000 persoas ao ano. E a supervivencia aos 5 anos da súa detección é do 49,5% para o cancro de colon e do 43% para o de recto".

Descargue aquí a nota de prensa

Charla-degustación sobre alimentación sa

29 de marzo de 2017

A xunta provincial coruñesa da Asociación Española Contra o Cancro celebrou, o pasado 29 de marzo, unha charla-degustación con consellos para unha nutrición máis sa na sede da asociación (Praza Mestre Mateo, 2-2º). O evento titulouse Comprometidos coa nosa saúde: Cara a unha alimentación saudable, dirixida pola dietista-nutricionista María Fernández Álvarez, que se centrou en aclarar algúns mitos relacionados coa alimentación.

Descargue aquí a nota de prensa

Día Mundial contra o Cancro 2017

4 de febreiro

A xunta provincial da Coruña da Asociación Española contra o Cancro deu comezo ás actividades para celebrar o Día Mundial contra o Cancro, que se celebra cada ano o 4 de febreiro. Para concienciar sobre a enfermidade, as mesas informativas e as charlas divulgativas chegaron a diversos concellos da provincia.

Consulte a previsión informativa coas actividades de Santiago e comarca

Consulte a previsión informativa coas actividades da Coruña e comarca

Consulte a previsión informativa coas actividades de Ferrol e comarca

Consulte a previsión informativa coas actividades de Carballo e comarca

Consulte a previsión informativa coas actividades da comarca do Barbanza

 

Presentación das liñas de axuda á investigación da aecc

28 de novembro de 2016. Facultade de Medicina de Santiago de Compostela

dsc_0613

O Salón de Graos da Facultade de Medicina da Universidade de Santiago de Compostela acolleu o pasado 28 de novembro a presentación das liñas de axuda á investigación da Fundación Científica da Asociación Española contra el Cáncer. Entre elas, un proxecto dirixido polo profesor Ángel Carracedo e desenvolvido polo Grupo de Medicina Xenómica (USC e FPGMX-Sergas) sobre o cancro de pescozo e cabeza, financiado con 1,3 millóns de euros pola aecc.

O acto estivo presidido polo conselleiro de Sanidade, Jesús Vázquez Almuiña, e contou coa participación da presidenta da Fundación, Isabel Oriol; da presidenta da Xunta Provincial da Coruña da aecc, María Elena Viturro; do decano da Facultade de Medicina, Juan Gestal, e do xa citado profesor Carracedo. Tamén asistiron a concelleira de Políticas Sociais, Diversidade e Saúde do Concello compostelán, Concepción Fernández; a xerente da Axencia do Coñecemento en Saúde da Xunta de Galicia, Sonia Martínez Arca; e uns 60 investigadores do IDIS e do Grupo de Medicina Xenómica.

Consulte a previsión informativa

Consulte a crónica do acto

 

III Torneo No estamos solas

Do 31 de agosto ao 11 de setembro de 2016. Zona Pádel (Arteixo)

O III Torneo de Pádel Solidario No estamos solas, organizado a beneficio da Asociación Española contra el Cáncer (aecc), celebrouse entre o 31 de agosto e o 11 de setembro, nas pistas de Zona Pádel Squash, en Pastoriza (Arteixo). A iniciativa parte da doutora Marta Pérez García, unha médica que desenvolveu un cancro de mama, e celebrouse a beneficio da Xunta Provincial da Asociación Española contra a enfermidade.

no

Consulte o dossier informativo do torneo

Descargue a previsión informativa da rolda de prensa de presentación

Descargue a previsión informativa do peche de prazo

Descargue a previsión informativa do inicio do torneo

Descargue a previsión informativa da entrega do talón

Descargue a nota de prensa da entrega do talón

Cuestación anual 2016

5 de maio de 2016. A Coruña

A xunta provincial da Asociación Española contra o Cancro na Coruña celebrou a súa cuestación anual. Máis de 400 persoas, entre voluntarios e traballadores, saíron á rúa o 5 de maio, co obxectivo de recadar fondos para financiar o traballo solidario da ONG. Na cidade herculina instalaronse un total de 30 mesas, para chegar a todos os barrios e a todos os veciños

Consulte a nota de prensa

 

Día Mundial contra o Cancro 2016

3 de febreiro de 2016. Sede da aecc. A Coruña

A xunta provincial da Coruña da Asociación Española contra o Cancro conmemorou hoxe o Día Mundial contra esta enfermidade, que este ano se atopa centrado en destacar o labor do voluntariado. Ás 12.00 deu comezo na sede da aecc na cidade herculina unha charla sobre os voluntarios que acompañan aos enfermos durante os seus tratamentos e hospitalización. Nela participan Ana Villaverde, supervisora de Enfermaría do Centro Oncolóxico de Galicia, e Dores Teijeiro, coordinadora de Radioterapia do mesmo centro, ademais da presidenta da asociación na Coruña, María Elena Viturro.

Crónica da xornada

Previsión informativa

Día Mundial contra o Cancro de Mama 2015

19 de outubro de 2015. Santiago de Compostela

Un grupo de pacientes oncolóxicas que superaron a enfermidade percorreu un tramo do Camiño de Santiago para conmemorar o Día Mundial contra o Cancro de Mama. Con esta iniciativa tamén celebraron o X aniversario do Programa Vitalia, organizado polas xuntas provinciais da aecc da Coruña, Ourense e Pontevedra para axudar ás pacientes con tumores malignos a volver á súa vida normal tras vencer a súa doenza. Partiron do Monte do Gozo ás 10.00 horas e  ás 11.30 ofreceron unha rolda de prensa no Salón de Peregrinos do mosteiro de San Martiño Pinario.

Consulte a previsión informativa

 

II Torneo Solidario Non estamos soas

Do 3 ao 13 de setembro de 2015. Zona Pádel y Squash. Arteixo

A doutora Marta Pérez, médico e enferma oncolóxica, organiza a II edición do Torneo Solidario 'Non estamos soas', que se celebra do 3 ao 13 de setembro. A recadación destinarase a financiar as actividades da Asociación Española contra o Cancro, tanto en apoio dos enfermos e as súas familias como no fomento da investigación oncolóxica.

Descargue a última nota informativa

Lea a información sobre a fin do prazo de inscricións

Consulte a crónica da presentación a medios

Vexa a convocatoria de prensa

Os restaurantes de Sabores Huerto, en Santa Cristina e A Coruña, colaboran coa aec

10 de abril de 2015. Sede da Asociación Española contra o Cancro na Coruña

Os restaurantes La Bodeguilla en Padre Feijóo, La Bodeguilla de Santa Cristina, El Huerto e Bitácora, integrados no grupo Sabores Huerto, participaron enla celebración do Día Mundial contra o Cancro. Durante a semana do 4 de febreiro, levaron a cabo a campaña Prostres Solidarios e recadaron 3 euros para a Asociación Española contra o Cancro por cada peza de doce vendida aos clientes.

A responsable de markéting do grupo Sabores Huerto, Marta Almanza, fixo entrega dun cheque de 900 euros, todo o recadado na campaña, á presidenta provincial da aecc, Maria Elena Viturro.

Consulte a nota de prensa

 

Día Mundial contra o Cancro 2015

4 de febreiro de 2015. Sede de Afundación. A Coruña

A xunta provincial da Asociación Española contra o Cancro na Coruña celebrou o Día Mundial contra esta enfermidade. Desde a sede de Afundación na cidade herculina, organizou unha retransmisión en directo do foro divulgativo que a aecc celebrou en Madrid, e que estivo presidido pola Raíña Dona Letizia. Preto de medio centenar de persoas seguiron o evento desde o edificio dos Cantóns, entre voluntarios e traballadores da asociación e representantes doutros colectivos.

Descargue a crónica da xornada

Consulte a convocatoria de prensa

 

Homenaxe a Carmen Santiago, presidenta da aecc na Pobra

16 de xaneiro de 2015. Concello da Pobra do Caramiñal

Carmen Santiago, presidenta da xunta local da Asociación Española contra o Cancro (aecc) na Pobra do Caramiñal, abandonou o cargo tras 35 anos de intenso traballo na loita contra os tumores malignos. O Concello da localidade organizou unha homenaxe na súa honra, no palacio municipal. Ao acto asistiron o alcalde da Pobra, Isaac Maceiras, a presidenta da aecc na provincia da Coruña, Maria Elena Viturro, e a nova responsable da asociación no municipio, Rosa Fernández Parada.

Acceda á nota de prensa

 

Día Mundial contra o Cancro de Colon

26 de novembro de 2014. Sede do Colexio Médico da Coruña. Santiago de Compostela.

A Asociación Española contra o Cancro (aecc) organizou unha rolda de prensa para analizar a situación do programa do cribado de cancro colorrectal en Galicia. Tivo lugar na sede do Colexio Médico da Coruña en Santiago de Compostela, e contou coa participación da presidenta da Xunta Provincial da aecc e coordinadora autonómica da estratexia de cribado de colon en Galicia, María Elena Viturro; a presidenta da Xunta Provincial de Pontevedra e membro do Consello Nacional da aecc, María José Crespo; a presidenta da Xunta Local da asociación en Santiago, María Luz Hernández; José Luís Vázquez Penín, representante institucional da aecc en Lugo; e o doutor Manuel Bustamante, xefe do Servizo de Cirurxía Xeral do Complexo Hospitalario Universitario de Santiago, e vogal do Colexio Oficial de Médicos da provincia da Coruña.

Descargue o dosier informativo

Consulte a convocatoria de prensa

 

I Torneo de Pádel Solidario No estamos solas

Do 30 de agosto ao 7 de setembro de 2014. A Coruña

O I Torneo de Pádel Solidario No estamos solas, organizado a beneficio da Asociación Española contra o Cancro (aecc), tivo lugar entre o 30 de agosto e o 7 de setembro nas pistas do Sporting Club Casino da Coruña, na Zapateira. O seu obxectivo foi recadar fondos para a loita contra os tumores malignos e levar unha mensaxe de esperanza a todas aquelas persoas que padecen esta doenza. Estivo promovido por por a doutora Marta Pérez García, médico especialista en Medicina do Traballo e xogadora habitual de pádel, que na actualidade loita contra un cancro de mama.

Descargue a última previsión informativa

Consulte a nota de prensa do 25 de agosto

Acceda ao dosier informativo sobre o torneo

Vexa a convocatoria da rolda de prensa do 19 de agosto

 

Cuestación anual da Asociación Española contra o Cáncro na Coruña

5 de xuño de 2014. A Coruña

Os voluntarios e traballadores da Xunta Provincial da Coruña da Asociación Española Contra o Cancro na Coruña saíron á rúa o 5 de xuño con motivo do peditorio anual da aecc. Atenderon 45 mesas petitorias, instaladas en distintos puntos da cidade, desde as que solicitaron a colaboración dos cidadáns na causa da loita contra o cancro.

Descargue a previsión informativa

 

Cuarta edición de 'Contra o cancro... corre!'

1 de xuño de 2014. 11.00 horas. Pazo dos Deportes de Riazor. A Coruña

O Club do Corredor e o Concello da Coruña organizaron a cuarta edición da carreira popular Contra o Cancro... corre!, na que participaron máis de 2.1000 persoas, e cuxa recadación destinouse a  financiar os programas de investigación, asistencia e prevención que realiza a Xunta Provincial da Coruña da Asociación Española Contra o Cancro.

Consulte a última nota de prensa

Acceda á convocatoria informativa do 26 de maio

Descargue a previsión do 20 de maio

 

 

Presentación da iniciativa 'Cociñeiras con estrela contra o cancro de mama'

23 de abril de 2014. Hotel Tryp Coruña.

cocineras01

As seis mellores chefs de España, entre as que se atopa Begoña Rodrigo, gañadora da primeira edición do programa Top Chef, colaborarán de maneira desinteresada na iniciativa solidaria Cociñeiras con estrela contra o cancro de mama, organizada polo Pazo de Mella, en colaboración coa Asociación Española contra o Cancro (aecc) e a consultora gastronómica Gastronomoymas (Gy+). Celebrarase o 20 de maio, no propio Pazo, e o seu principal obxectivo é recadar fondos para axudar a financiar os servizos que a aecc presta aos pacientes oncolóxicos e os seus familiares. O proxecto foi presentado nunha rolda de prensa na que participaron a presidenta da xunta provincial da aecc na Coruña, María Elena Viturro; a chef do restaurante A Estación de Cambre, Beatriz Sotelo; o director de mercadotecnia e vendas do Pazo de Mella, Pablo Bourkaib, e o director da consultora Gastronomoymas (Gy+), Juan Manuel Barberá.

Acceda á convocatoria de medios

Vexa o resumo da rolda de prensa

 

Día Mundial Sen Tabaco 2013

31 de maio de 2013. Fundación Barrié. A Coruña

A xunta provincial da Asociación Española contra o Cancro na Coruña conmemorou o Día Mundial Sen Tabaco e instalou unha mesa informativa na sede da Fundación Barrié (Cantón Grande, 9), en colaboración coa Consellería de Sanidade. Alí, voluntarios da aecc intercambiaron cigarros por pezas de froita fresca e informaron os cidadáns sobre os riscos que entraña o hábito de fumar, e sobre os cursos gratuítos que a ONG ofrece para axudar a liberarse da dependencia da nicotina.

Descargue a nota de prensa

 

Cuestación anual da Asociación Española contra o Cancro

8 de maio de 2013. A Coruña

A xunta provincial da Coruña da Asociación Española contra o Cancro (aecc) saíu á rúa para recadar fondos na súa cuestación anual, que se destinarán a financiar a investigación oncolóxica e os servizos de apoio aos pacientes e os seus familiares. Con tal fin, instalou 46 mesas petitorias repartidas por toda a cidade, coa axuda de diferentes asociacións e institucións.

Acceda aos resultados da cuestación

Consulte a útima previsión informativa

Vexa o avance do 3 de maio

 

Día Mundial contra o Cancro de Mama

19 de outubro de 2012. Praza de María Pita. Concello da Coruña. 

Axentes do Equipo de Rescate e Intervención en Montaña da XV Zona da Garda Civil-Galicia despregaron unha pancarta de 28 metros cadrados na fachada do Concello da Coruña, coa lema Súmate á aecc, súmate ao rosa. Deste xeito, a xunta provincial da Asociación Española contra o Cancro celebrou o acto central do Día Mundial contra os tumores de mama, e chamou a atención sobre unha patoloxía da que cada ano se diagnostican mil casos na nosa comunidade, tres ao día.

Esta cita contou coa participación do delegado do Goberno na nosa comunidade, Samuel Juárez; o alcalde da Coruña, Carlos Negreira; o xeneral xefe da Garda Civil en Galicia, José María Feliz; a presidenta provincial da aecc, María Elena Viturro; o cirurxián experto en patoloxía mamaria Manuel Juaneda; e Rosa Zas, unha paciente que superou un tumor maligno de mama.

Descargue aquí o dosier informativo

Acceda á convocatoria do 18 de outubro

Consulte a nota de prensa do 16 de outubro

Vexa a información do 13 de outubro

 

Presentación de Superprotector, unha aplicación de móbil que ensina a protexerse do sol

21 de xuño de 2012. A Coruña

A Asociación Española contra o Cancro presenta o Superprotector, unha aplicación para teléfonos de última xeración, pensada para axudar a que os menores interioricen os hábitos de protección solar, e reducir así o risco de que desenvolvan un tumor maligno de pel na idade adulta. Desde hoxe, estará dispoñible para ser descargado de forma gratuíta a través do App Store de Apple ou de Android Market.

Consulte a nota informativa

 

Charla sobre o coidado da boca durante o tratamento dos cancros orais

19 de xuño de 2012. 19.30 horas. Fundación Novacaixagalicia. A Coruña

Os doutores José Candia, Joaquín Fariña (ambos de Cubela Dental), Marta Martín (Miño Dental) e Berta Candia (Nutrimento-CDC Foz) impartiron unha charla sobre Coidados na boca en procesos oncolóxicos, antes, durante e despois do tratamento. A cita, organizada pola xunta provincial da Asociación Española contra o Cancro, tivo lugar ás 19.30 horas, no salón de Actos da Fundación Novacaixagalicia (Cantón Grande, 24).

Descargue a previsión da conferencia

 

Día Mundial contra o Cancro 2012

2 de febreiro. Xunta provincial da aecc na Coruña

A Xunta Provincial da Asociación Española contra o Cancro na Coruña sumouse  á celebración do Día Mundial contra esta enfermidade, que tivo lugar en toda España o xoves, 2 de febreiro. Na sede herculina da aecc-c (Praza Mestre Mateo 2, 2º)  emitiuse, a través do streaming, o foro celebrado en Madrid para chamar a atención sobre o grave impacto dos tumores malignos, que estivo presidido pola súa Alteza Real a Princesa de Asturias.

Descargue aquí a nota de prensa

Acceda aquí ao avance informativo

 

 

Mercadillo contra o cancro en Miño

Do 10 ao 18 de decembro. De 17 a 20 horas. Rúa Barrosa, 68. Miño. A Coruña

A Asociación de Amas de Casa de Miño organizou un mercadillo a beneficio da Asociación Española Contra o Cancro. Será desde o sábado, 10 de decembro, ata o domingo 18 do mesmo mes, nun horario de cinco da tarde a oito da noite.O rastrillo abrirá as súas portas nun local situado narúa Barrosa, 68, fronte a Mobles Grueiro.

Descargue aquí o avance informativo

 

Día Mundial contra o Cancro de Mama 2011

19 de outubro de 2011

Con motivo da celebración do Día Mundial contra o Cancro de Mama, unha enfermidade da que se diagnostican mil casos ao ano só en Galicia, a xunta provinicial da Asociación Española contra o Cancro na Coruña preparou un completo programa de actividades para divulgar prácticas de prevención e vida saudable.

Descargue aquí a axenda de actividades

Pulse aquí para ver a previsión do 18 de outubro

Acceda aquí ao avance do 14 de outubro

 

Contra o cancro, corre

12 de xuño de 2011. Paseo Marítimo da Coruña

A xunta provincial da Asociación Española contra o Cancro celebrou na Coruña unha carreira, baixo o título de Contra el cáncer, corre. Organizouse coa colaboración da Fundación Educación, Deporte y Salud; o Basquet Coruña e a Federación Galega de Atletismo, con a axuda do concello herculino, e co el patrocinio de Sport Zona

A esta iniciativa solidaria sumáronse destacados actores galegos como Merce Castro, Cova Verdiñas y Ana Santos, da serie Padre Casares, e Xabier Deive, Carolina Vázquez, Alejandro Cano e Fran Peleteiro. Tamén estiveron presentes destacados deportistas como Isidoro Hornillos, Fanny Fernández e Miguel Joane.

Pulse aquí para ver a última previsión informativa

Descargue aquí o avance do 9 de xuño


Cuestación anual da Asociación Española contra o Cáncro na Coruña

2 de xuño. A Coruña

Os voluntarios e traballadores da xunta provincial da Asociación Española contra o Cancro, saíron á rúa para recadar fondos durante a súa cuestación anual. Na cidade da Coruña instaláronse 44 mesas, co obxectivo de chegar a todos os barrios, e nas que traballaron uns 400 voluntarios, de 10.00 a 14.00 horas. O músico coruñés Gandy, gran colaborador da aecc-c, organizou un concerto ao aire libre para axudar a fomentar a solidariedade.

Pulse aquí para ver a crónica xornalística

Descargue a previsión informativa

 

Día Mundial Sen Tabaco

31 de maio. 11.00 horas. Cantón Grande, A Coruña

A xunta provincial da Asociación Española contra o Cancro na Coruña (aecc-c) conmemorou o Día Mundial Sen Tabaco, o martes, 31 de maio, cun exemplo de esforzo e vontade realizado en colaboración coa empresa de transportes Arriva Noroeste SL. Baixo a lema Empuxa o bus, empuxa a vida, rompe co tabaco, empregados de Arriva moveron, só coa forza dos seus brazos, un dos autobuses da compañía, para demostrar que co impulso suficiente todo é posible, mesmo deixar de fumar.

Descargue aquí o dossier de prensa

Descargue aquí a previsión informativa