EspañolGalego

Encontro Médico

Unha cita que exemplifica a unión entre os profesionais da Medicina. O Encontro Médico é a festa anual do Colexio Médico da Coruña (COMC). Durante o seu transcurso faise entrega da Medalla de Ouro e Brillantes, reservada a aqueles facultativos que destacaron polo seu labor excelente no exercicio da Medicina. Tamén se recoñece aos colexiados máis antigos, aos que se lles conceden os títulos de Colexiados de Honra e Honoríficos; e se lles fai entrega do carné profesional aos mozos que veñen de rematar a licenciatura. O Encontro Médico foi creado en 2008 pola directiva que preside Luciano Vidán. Ata o día de hoxe, celebraronse tres edicións. Na última, o número de asistentes chegou ao millar.

28 de xuño de 2008. Pazo da Peregrina. Bertamiráns. O maior homenaxeado nesta primeira edición foi o doutor Luís Concheiro Carro, pai da Medicina Legal en España. O acto central contou coas intervencións de Carlos Fernández, alcalde de Ames e presidente da Fegamp; de María Ausencia Tomé, delegada da Consellería de Sanidade na Coruña; e do presidente do COMC, Luciano Vidán.

Concheirocarro

27 de xuño de 2009. Palexco. A Coruña. O doutor Fernando Diz-Lois, xefe do departamento de Medicina Interna do Chuac, recibiu a medalla de Ouro e Brillantes de mans do presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo. Tamén se dirixiron aos asistentes o decano da Facultade de Medicina, José María Fraga Bermúdez; e o presidente do COMC, Luciano Vidán.

Dizlois

26 de xuño de 2010. Palacio de Exposiciones y Congresos de San Lázaro. Santiago. O homenaxeado nesta ocasión foi o doutor Manuel Sánchez Salorio, catedrático de Oftalmoloxía e mestre de médicos. Estivo arroupado no acto central pola conselleira de Sanidade, Pilar Farjas; o reitor da USC, Juan Casares Long; a concelleira de Benestar Social de Santiago, Mar Martín; o presidente da Real Academia de Medicina e Cirurxía de Galicia, José Carro Otero; o decano da Facultade de Medicina, José María Fraga Bermúdez; e o presidente do COMC, Luciano Vidán.

Salorio