EspañolGalego

Entrega de axudas á investigación oncolóxica da Asociación Española contra o Cancro

18 de setembro de 2008. Teatro Colón. A Coruña.

A súa Alteza Real, a Princesa de Asturias, presidiu este acto de entrega dos Diplomas dos Proxectos de Investigación Oncolóxica e as Axudas-Contrato 2008 para investigadores en Oncoloxía que a Asociación Española Contra o Cancro (aecc) outorga todos os anos a través da súa Fundación Científica. O acto contou coa presenza de Emilio Pérez Touriño, presidente da Xunta de Galicia; Dolores Villarino, presidenta do Parlamento de Galicia; Manuel Ameijeiras, delegado do Goberno en Galicia; Carlos Martínez Alonso, secretario de Estado do Ministerio de Ciencia e Innovación; Javier Losada de Aspiazu, alcalde da Coruña;  Isabel Oriol Díaz de Bustamante, presidenta da aecc; e María Elena Viturro de la Torre, presidenta da Xunta Provincial da aecc da Coruña, entre outras moitas personalidades e representacións.

LETIZIA_AECC