EspañolGalego

Homenaxe a Camilo Veiras

19 de febreiro de 2009. Palexco. A Coruña.

Acto que a Xunta Provincial da Asociación Española contra o Cancro na Coruña (aecc-c) organizou en memoria do doutor Camilo Veiras, falecido en maio de 2008. O doutor Veiras foi presidente co Comité Científico da institución, pioneiro na loita contra os tumores malignos e clave no desenvolvemento do Centro Oncolóxico de Galicia. Interviñeron a presidenta da xunta provincial da aecc-c, María Elena Viturro; o alcalde da Coruña, Javier Losada; a conselleira de Sanidade, Pilar Farjas; o decano da Facultade de Medicina da USC, José María Fraga Bermúdez; e os presidentes da Real Academia de Medicina e Cirurxía de Galicia, José Carro; do Colexio Oficial de Médicos da Coruña (COMC), Luciano Vidán; e do Centro Oncolóxico de Galicia, José Antonio Quiroga y Piñeiro.

HOMENAJE_VEIRAS