EspañolGalego

Inauguración do VIII Congreso da Sociedade Española de Coidados Paliativos (Secpal)

5 de maio de 2010. Palexco. A Coruña.

O acto inaugural deste evento deulle a benvida a máis de 1.300 profesionais, entre médicos, enfermeiros, fisioterapeutas, traballadores sociais e psicólogos. Tratouse dunha presentación en tres actos, áxil e dinámica, con vídeos que divulgaron o traballo da Sociedade Española de Coidados Paliativos (Secpal), unha actuación do grupo de baile arxentino Tango Rojo, e un monólogo humorístico de Quico Cadaval. Presentou Leo Toral.

Estiveron presentes a conselleira de Sanidade, Pilar Farjas; o presidente o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, Miguel Ángel Cadenas; o Fiscal Superior de Galicia, Carlos Varela; o xeneral da Garda Civil, Manuel Ferreiro; o reitor da Universidade da Coruña, José María Barja; o delegado da Xunta na provincia da Coruña, Diego Calvo, e a tenente de alcalde do Concello da Coruña, Nieves Vázquez, ademais do presidente da Secpal, Javier Rocafort. Aguamarina tamén coordinou a oficina de comunicación do Congreso, durante os tres días da súa celebración.

INAUGURACION PALIATIVOS 281

 

PRÓXIMOS EVENTOS