EspañolGalego

Inauguración do peirao de contenedores do porto de A Coruña

28 de maio de 2010. Peirao do Leste

Acto que supuxo a apertura da ampliación do peirao do Leste no porto herculino, destinada a aumentar o tráfico comercial. Contou coas intervencións do presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijoo; do presidente de Portos do Estado, Fernando González Laxe, e do presidente da Autoridade Portuaria da Coruña, Enrique Losada. Xunto a eles, estiveron presentes o delegado do Goberno en Galicia, Antón Louro; o alcalde da Coruña, Javier Losada; a conselleira do Mar, Rosa Quintana, e a conselleira de Traballo, Beatriz Mato, con outras autoridades, representantes dos sectores empresarial e social da cidade e membros da comunidade portuaria.