EspañolGalego

Festas de Reis do Colexio Médico de A Coruña.

Dende xaneiro de 2008 ata xaneiro de 2012. A Coruña e Santiago.

O COMC organiza, nos días previos ao de Reis, unha festa pensada para xuntar aos médicos e as súas familias, e para abrir á institución á sociedade. Trátase dunha xornada na que os máis pequenos son os protagonsitas, e poden gozar dun completo programa de actividades. A primeira edición celebrouse só na Coruña, nas instalacións do Colexio, pero a gran asistencia de público fixo necesario trasladala a sedes externas a partir do ano seguinte. Dende 2008 organízase tamén en Santiago, e dende 2009, conta coa colaboración do Colexio Oficial de Odontólogos e Estomátologos da Coruña. Na súa última edición, reuniu a máis de 2.700 persoas.

DSC_1570