EspañolGalego

Foro Sanitario sobre a morte digna

30 de novembro de 2009. Fundación Caixa Galicia. A Coruña.

O Colexio de Médicos da Coruña, en colaboración coa Consellería de Sanidade e a Universidade Internacional Menéndez Pelayo (UIMP), organizou esta cita para xerar debate sobre un tema de máximo interese en todo o mundo, como é a morte digna. Ante numeroso público, expuxeron as súas opinións o doutor en Teoloxía pola Universidade Pontificia de Comiñas e experto en Bioética, José Ramón Amor Pan; o profesor da Escola Andaluza de Saúde Pública e vogal da Comisión Autonómica de Ética e Investigación Sanitaria de Andalucía, Pablo Simón Lorda; o bispo auxiliar de Bilbao e médico, Mario Iceta; e o presidente do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, Miguel Ángel Cadenas.  Como moderador actuou o director do departamento de Ciencia Política e das Administracións da USC e director da Universidade Internacional Menéndez Pelayo en Galicia, José Luís Barreiro Rivas.

DSC_0333