EspañolGalego

Padroado da Fundación Renal Íñigo Álvarez de Toledo

10 de novembro de 2010. Hotel NH Obradoiro. Santiago.

Organizamos e divulgamos a xuntanza en Galicia do padroado desta institución sen ánimo de lucro, que traballa para axudar aos enfermos crónicos de ril. Trasladouse a Compostela para dar a coñecer a súa presenza en Galicia, con centros en Vigo, Ourense, Verín e no Barco de Valdeorras, que atenden cada mes a máis de 220 doentes necesitados de diálise. Estivo presente a conselleira de Sanidade, Pilar Farjas, o vicepresidente da Fundación Renal, Alberto Álvarez de Toledo; e o patrón da Friat e ex ministro de Sanidade e do Consello de Estado, José Manuel Romay.

dsc_0119