EspañolGalego

Escola de verán do Poder Xudicial

Anos 2008 e 2009. Pazo de Mariñán. Bergondo.

Durante os meses de xuño e xullo, o Consello Xeral do Poder Xudicial, a Fiscalía Xeral do Estado, a Fundación Caixa Galicia, a Deputación da Coruña, a Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza colaboran para organizar a Escola de Verán do Poder Xudicial no Pazo de Mariñán. Ofrece varias semanas de cursos, varios deles dedicados sempre ao Ministerio Fiscal, e céntrase en importantes reformas legais e cuestións de actualidade para o ámbito xurídico español.

Nestas dúas edicións, contou coa presenza de autoridades como o ministro de Xustiza, Francisco Caamaño; o presidente do Consello Xeral do Poder Xudicial e do Tribunal Supremo, Carlos Dívar; o presidente do Consello Xeral da Avogacía de España, Carlos Carnicer; o maxistrado do Supremo; Miguel Colmenero; os maxistrados do CGPJ, Eduardo Muñoz de Baena e Fernando Fernández-Espinar; o conselleiro permanente do Consello de Estado, José Luís Manzanares; o Decano do Colexio de Avogados de Madrid, Antonio Hernández-Gil;  ou o catedrático de Dereito Constitucional da Universidade de Santiago de Compostela, Roberto Blanco Valdés.