EspañolGalego

Inauguración da sede do Colexio Médico en Santiago

O Colexio Oficial de Médicos da provincia da Coruña (COMC)abriu as portas da súa sede en Santiago, tras unha reforma na que investiu máis de 600.000 euros. A inauguración do eficidio, adaptado ás necesidades dos facultativos do século XXI, estivo presidida polo alcalde compostelán, Xosé Sánchez Bugallo; a conselleira de Sanidade, Pilar Farjas; o decano da Facultade de Medicina da USC, Juan Gestal; e o propio presidente do COMC, Luciano Vidán Martínez.

Asistiron tamén o director xeral de Mutual Médica, Enric Tornos; o presidente do Colexio de Odontólogos e Estomatólogos da Coruña, José María Suárez Quintanilla; o presidente da Academia Médico Quirúrgica de Santiago; Francisco Barreiro Morandeira; a concelleira de Benestar, Mar Martín; as edís compostelanas Amelia González e Olga Pedreira; e o deputado galego Modesto Pose, xunto a outras personalidades e representacións.

inaug_santiago