EspañolGalego

Presntación en Galicia da Unión de Asociaciones de Seguridad

18 de febreiro de 2011. Palexco. A Coruña

uas2

uas1

A Unión de Asociaciones de Seguridad (UAS), que representa a máis de 200 empresas, deuse a coñecer en Galicia cunha xuntanza na que expertos profesionais e membros dos Corpos e Forzas de Seguridade do Estado analizaron algunhas das cuestións fundamentais para o sector da seguridade privada en España.

O acto foi inaugurado polo subdelegado do Goberno na Coruña, José Manuel Pose Mesura, mentres que a clausura correu a cargo do xefe superior de Policía de Galicia, Luís García Mañá. Xunto a eles, estiveron o presidente de UAS, Antonio Ávila; e o presidente da Asociación de Empresas de Seguridade de Galicia (AESGA) e secretario xeral de UAS, Roberto Lage.

O encargado de abrir a xornada foi Luís García Echevarría, membro do comité executivo de UAS, que explicou os obxectivos e as características desta entidade. Continuou o comisario xefe da Unidade Central do Corpo Nacional de Policía, Esteban Gándara Trueba, que falou sobre os Cambios na normativa de seguridade privada. A seguinte intervención pertenceu ao coronel xefe do Servizo de Protección e Seguridade (Seprose) da Garda Civil, César Álvarez Fernández, que explicou o Proxecto de Real Decreto sobre Infraestruturas Críticas. Finalmente, Antonio Escamilla, director xeral de Bosch Security Systems Iberia, e vogal da xunta directiva da Asociación Española de Empresas de Seguridade (AES), pronunciou unha charla titulada Importancia da armonización normativa e da certificación de produto. Lei ómnibus e aplicación na industria da seguridade electrónica.

 

PRÓXIMOS EVENTOS