EspañolGalego

XIII Encontro Médico

 2 de outubro de 2021. Santiago de Compostela

O próximo 2 de outubro, ás 12,00 horas, en Santiago de Compostela, o Colexio Oficial de Médicos da Provincia da Coruña celebrará a décimo terceira edición da súa gran festa anual, o Encontro Médico. No seu transcurso, outorgarase a medalla de Ouro e Brillantes, o máximo galardón que concede a institución colexial, á doutora Marisa Crespo Leiro, referente mundial no ámbito da insuficiencia cardíaca e o transplante de corazón. No evento tamén se fará entrega dos títulos de colexiados de honra e honoríficos aos médicos máis veteranos.

Antes do acto central, ás 11,00 horas, celebrarase unha misa en honra dos colexiados falecidos na Catedral de Santiago, oficiada polo arcebispo compostelán, Julián Barrio. Máis tarde, ás 14,45, comezará un xantar de confraternidade.

Modificado o (Mércores, 16 Xuño 2021 08:54)