EspañolGalego

A enfermeira escolar: un debate inaprazable

29 de setembro de 2020. Sede de Santiago do Colexio Médico da Coruña

enferma_escolar

O Colexio Oficial de Enfermería da Coruña organizou o pasado 29 de setembro, na sede compostelá do Colexio Médico da Provincia da Coruña, o acto A enfermeira escolar: un debate inaprazable, no que se incidiu na importancia de contar con este tipo de profesionais en todos os centros educativos. O evento retransmitiuse por streaming, e pode verse a través da seguinte ligazón: https://youtu.be/Vn7y81jmaIs

A presidenta colexial, Inés López, presentou e moderou a sesión, na que tamén participaron dúas enfermeiras especialistas na materia, Ángeles Sánchez e Lorena Moreno, e a nai dun neno con patoloxías crónicas, Marta Seoane. Na sala atopábanse, ademais, 31 representantes de 22 colectivos relacionados coa enfermería e a educación, tanto do sector público como do privado, asociacións de pais e de profesores, sindicatos, patronal da educación e membros dos demais colexios provinciais de enfermería de Galicia.

Descargue aquí a crónica do acto