EspañolGalego

Memorias e confesións dun médico

portada_memoriasyconfesionesdeunmedico_mendana

Volume único

424 páxinas

En Memorias e confesións dun médico, Javier Martínez Pérez-Mendaña non só conta a súa vida persoal, profesional e social, senón que reflexiona sobre os grandes desafíos da medicina do noso tempo e sobre outras cuestións de máxima actualidade e polémica como a eutanasia ou o aborto.

Este é un libro que emociona, que pon en evidencia a incerteza que rodea ao acto médico e as “espiñas” que o autor leva cravadas no máis profundo do seu corazón, despois de máis de catro décadas de exercicio da xinecoloxía e a obstetricia.

O doutor Mendaña fálanos dos seus bos e malos momentos, dos seus éxitos e fracasos, da súa baixada ao inferno da depresión, das súas firmes conviccións éticas e das súas grandes paixóns: a familia, a medicina e o deporte.

O libro presentarase proximamente, segundo o permitan as autoridades sanitarias.