Xornada “A saúde despois da pandemia”

Aguamarina Comunicación y Eventos colaborou na organización da xornada A saúde despois da pandemia da Federación de Asociacións Veciñais da Coruña e Área Metropolitana, que se celebrou o 16 de decembro de 2021 no Sporting Club Casino de La Coruña

Nel participaron a presidenta da Federación, Luisa Varela; a segunda tenente de alcaldesa e concelleira de Igualdade, Benestar Social e Participación do Concello da Coruña, Yoya Neira; a subdirectora de Calidade Asistencial e Humanización da área sanitaria da Coruña, Clara Olveira, e as psicólogas do programa Atención integral a persoas con enfermidades avanzadas da Cruz Vermella María Granell e Jessica Brea.

A sesión de apertura correu a cargo da presidenta da Federación. Ó seu termo, Clara Olveira pronunciou unha conferencia titulada A humanización dos procesos asistenciais. A continuación, interviron María Granell e Jessica Brea para falar sobre o Coidado da saúde mental. Por último, Yoya Neira protagonizou un relatorio sobre A abordaxe da pandemia na Coruña.

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, acepta el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Configurar y más información
Privacidad