A Coruña, 17 de decembro de 2024.– A Federación de Asociacións Veciñais da Coruña e Área Metropolitana organizou hoxe a xornada Cara a unha mobilidade sostible, que se celebrou no Centro Cívico da Cidade Vella (Rúa Veeduría, 2). No acto participaron a presidenta da Federación, Luisa Varela; a concelleira de Infraestruturas e Mobilidade do Concello da Coruña, Noemí Díaz, e o director da Compañía de Tranvías de La Coruña, Ignacio Prada.
A inauguración da xornada correu a cargo da presidenta da Federación. Despois, Noemí Díaz impartiu unha conferencia titulada Desafíos e solucións para unha mobilidade sostible na Coruña e, a continuación, foi o turno de Ignacio Prada para pronunciar a súa charla O transporte público, pilar da sostibilidade urbana.





