Federación de Asociacións Veciñais da Coruña e Área Metropolitana

Xornada “Proxectos para facer cidade”

A Federación de Asociacións Veciñais da Coruña e Área Metropolitana celebrou, o 19 de decembro de 2022, o acto “Proxectos para facer cidade” no Centro Cívico da Cidade Vella

No evento participaron a presidenta da Federación, Luisa Varela, e o secretario, Manuel Vales; a alcaldesa do Concello da Coruña, Inés Rey, e o concelleiro de Urbanismo, Vivenda, Infraestruturas e Mobilidade, Francisco Dinís Díaz.

Na sesión de apertura interviron a presidenta da Federación e a alcaldesa da cidade da Coruña. Ao seu termo, Francisco Dinís pronunciou unha conferencia titulada A humanización da cidade da Coruña, na que destacou a peatonalización de moitas das rúas da cidade. A continuación, foi o turno de Manuel Vales, que falou sobre A conexión da cidade coa área metropolitana para acercar aos asistentes as novedades nas vías de circulación que se van levar a cabo para mellorar os accesos e saídas da cidade.

Para pechar a xornada, Luisa Varela dedicou unhas palabras de agradecemento aos asistentes e ao Concello da Coruña.

Xornada “A saúde despois da pandemia”

Aguamarina Comunicación y Eventos colaborou na organización da xornada A saúde despois da pandemia da Federación de Asociacións Veciñais da Coruña e Área Metropolitana, que se celebrou o 16 de decembro de 2021 no Sporting Club Casino de La Coruña

Nela participaron a presidenta da Federación, Luisa Varela; a segunda tenente de alcaldesa e concelleira de Igualdade, Benestar Social e Participación do Concello da Coruña, Yoya Neira; a subdirectora de Calidade Asistencial e Humanización da área sanitaria da Coruña, Clara Olveira, e as psicólogas do programa Atención integral a persoas con enfermidades avanzadas da Cruz Vermella María Granell e Jessica Brea.

A sesión de apertura correu a cargo da presidenta da Federación. Ó seu termo, Clara Olveira pronunciou unha conferencia titulada A humanización dos procesos asistenciais. A continuación, interviron María Granell e Jessica Brea para falar sobre o Coidado da saúde mental. Por último, Yoya Neira protagonizou un relatorio sobre A abordaxe da pandemia na Coruña.

Foro “Diálogos en feminino. Sen maltrato, mulleres libres e iguais”

Aguamarina Comunicación y Eventos colaborou na organización do foro Diálogos en feminino. Sen maltrato, mulleres libres e iguais da Federación de Asociacións Veciñais da Coruña e Área Metropolitana, que se celebrou o 18 de decembro de 2019 no Sporting Club Casino de La Coruña.

O evento foi presentado e moderado pola presidenta da federación veciñal, Luisa Varela Ínsua, e nel interviron como poñentes María Debén Alonso, coordinadora de Igualdade da Delegación do Goberno en Galicia; Mar Barcón Sánchez, médica e consultora transversal; Dolores Gómez Dasilva, traballadora social; Miguel Ángel Filgueira Bouza, maxistrado da Audiencia Provincial da Coruña, e Miguel Ángel Carracedo Muíño, xefe accidental da UFAM da Brigada Provincial de Policía Xudicial da Coruña.

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, acepta el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Configurar y más información
Privacidad