Día da Muller 2022

“Avanza con elas”, acto institucional da Xunta polo Día da Muller

Aguamarina colaborou na organización do evento Avanza con elas, o acto central da Xunta de Galicia con motivo do Día Internacional da Muller, que se celebrou o 8 de marzo de 2022 na Cidade da Cultura de Santiago de Compostela.

Durante o acto, conducido pola xornalista Ana Celia Vázquez, participaron varios grupos de mulleres de diferentes xeracións que falaron sobre os cambios e similitudes das diferentes épocas con respecto á igualdade e ao papel das mulleres na sociedade. En concreto, interviron unha familia de palillerias de Camariñas —María Sara Mouzo, Dolores Lema e Ana Blanco—, unha familia de bodegueiras de Ourense —Plácida Vázquez, Myriam Vázquez e Matilda Nieves— e unha familia ligada á musica de Mos —Fita Senlle, Uxía e Nuria Freiría—.

O evento clausurouno o presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, e no seu transcurso tamén houbo varias actuacións musicais protagonizadas polo grupo Son Trío, composto por Su Garrido —voz—, Katerina Linke —piano— e Susanna Blanco —violonchelo—.

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, acepta el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Configurar y más información
Privacidad