Aguamarina colaborou na inauguración da quinta oficina dos polos de emprendemento en Galicia, celebrada no Centro de Innovación e Servicios da Tecnoloxía e o Deseño en Ferrol, que prestará asesoramento a 40 concellos das comarcas da contorna
O acto, celebrado o 28 de decembro, contou coa presenza de tres emprendedoras beneficiarias deste novo polo de emprendemento, que falaron sobre as súas ideas de negocio: Raíces de agua, Suidade Diseño Gallego e Great memories events. A presentadora, María Cheda, foi a encargada de conducir o evento, e tras as entrevistas, deu paso á conselleira de Promoción e Emprego e Igualdade da Xunta. Para clausurar o acto, María Jesús Lorenzana explicou como se adecúan as etapas do proceso ás particularidades de cada proxecto na rede de polos, co obxectivo de que a busca de emprego se adecúe á realidade demográfica e social de Galicia. Esta rede forma parte da nova estratexia de emprego da Xunta, Xempre Contigo, para apostar por un mercado laboral más interconectado.
A conselleira tamén destacou o feito de que a metade das persoas que participan nesta iniciativa autonómica son mulleres, poñendo en valor o talento feminino que hai na actualidade en Galicia.





