A Federación de Asociacións Veciñais da Coruña e Área Metropolitana celebrou, o 19 de decembro de 2022, o acto “Proxectos para facer cidade” no Centro Cívico da Cidade Vella
No evento participaron a presidenta da Federación, Luisa Varela, e o secretario, Manuel Vales; a alcaldesa do Concello da Coruña, Inés Rey, e o concelleiro de Urbanismo, Vivenda, Infraestruturas e Mobilidade, Francisco Dinís Díaz.
Na sesión de apertura interviron a presidenta da Federación e a alcaldesa da cidade da Coruña. Ao seu termo, Francisco Dinís pronunciou unha conferencia titulada A humanización da cidade da Coruña, na que destacou a peatonalización de moitas das rúas da cidade. A continuación, foi o turno de Manuel Vales, que falou sobre A conexión da cidade coa área metropolitana para acercar aos asistentes as novedades nas vías de circulación que se van levar a cabo para mellorar os accesos e saídas da cidade.
Para pechar a xornada, Luisa Varela dedicou unhas palabras de agradecemento aos asistentes e ao Concello da Coruña.





