Xornada sobre mobilidade na Coruña coas asociacións de veciños

A Federación de Asociacións Veciñais da Coruña e Área Metropolitana organizou un evento sobre sostibilidade e novas formas de mobilidade

A Federación de Asociacións Veciñais da Coruña e Área Metropolitana organizou o 11 de decembro a xornada O futuro da mobilidade: sostibilidade e transporte público, no Centro Cívico da Cidade Vella. No acto participaron a presidenta da Federación, Luisa Varela; a alcaldesa do Concello da Coruña, Inés Rey; a subdelegada do Goberno na provincia, María Rivas, a concelleira de Innovación, Mobilidade e Infraestruturas, Nereida Canosa, o director da Compañía de Tranvías de La Coruña, Ignacio Prada, e o instrutor de Mobi-liza —Asociación por unha Mobilidade Responsable—, Ramón Segura.

A apertura da xornada correu a cargo da presidenta da Federación e da alcaldesa da cidade. Ao seu termo, Nereida Canosa impartiu unha conferencia titulada Cara a unha mobilidade sostible na Coruña. A continuación, foi o turno de Ignacio Prada para pronunciar a súa charla Repensar o transporte público urbano. Acto seguido interviu Ramón Segura para falar de Novas formas de mobilidade. Antes da clausura por parte de Luisa Varela e María Rivas, as asociacións de veciños puideron participar nun turno de preguntas cos relatores.

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Contiene enlaces a sitios web de terceros con políticas de privacidad ajenas que podrás aceptar o no cuando accedas a ellos. Al hacer clic en el botón Aceptar, acepta el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Configurar y más información
Privacidad