Aguamarina colaborou no acto celebrado no Centro de Innovación e Servizos da Tecnoloxía e o Deseño, no que participaron docentes e alumnado e representantes dos clústeres galegos para promover a formación e o emprego en Ferrolterra
O 27 de marzo celebrouse a xornada “Pacto pola formación. Pacto polo emprego. Pacto por Ferrol”, no que a Xunta de Galicia puxo en valor o seu compromiso en financiar a formación para adaptar a oferta á demanda laboral. A apertura do acto corriu a cargo de Martina Aneiros, delegada territorial da Xunta en Ferrol . Acto seguido tiveron lugar dúas mesas redondas moderadas por Zeltia Lado, directora xeral de formación da Xunta. Na primeira interviron o docente Víctor Manuel Braña e as alumnas, Irene Coba e Susana López. Na segunda reuníronse representantes dos clústeres galegos: Nonito Aneiros, Marcos Martínez, Francisco Aréchaga e Gabriel Agustín Braña.
A conselleira de Emprego e Igualdade, María Jesús Lorenzana, destacou que o Goberno galego investiu máis de 47,3 millóns de euros para cualificar 16.187 persoas en Ferrolterra a través de 1.114 accións formativas, e indicou que as microformacións que se están a impartir a través dos convenios de colaboración cos clústeres galegos para adaptar a formación ás necesidades do tecido empresarial. Este ano na comarca se están a desenvolver 15 cursos de formación, con impacto en máis de 430 persoas, a través dun investimento de máis de 190.000 euros.
Esta colaboración cos clústeres e entidades máis representativas da economía galega é froito da Axenda Galega de Capacidades para o Emprego.





