Presentación do polo de emprendemento da Coruña

Aguamarina colaborou na inauguración do novo polo de emprendemento en Galicia, que será o encargado de coordinar toda a rede a nivel autonómico polo potencial da cidade

O 4 de abril tivo lugar un novo acto baixo o lema Xempre Contigo, no que se presentou o novo polo de emprendemento da Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade da Xunta de Galicia na Coruña. Este será o encargado de coordinar toda a rede destes puntos de encontro para emprendedores. A conselleira de Emprego e Igualdade, María José Lorenzana e o delegado territorial da Xunta na Coruña, Gonzalo Trenor, foron os encargados de dar a benvida aos asistentes. “A intención era crear 12 polos, pero tamén estarán o de Ferrol, Vigo, Lugo e este da Coruña, que será o coordinador de toda a rede. Agora hai sete, que abarcan a 200 concellos da comunidade, e polos que pasaron máis de 220 persoas. En total crearemos 15 polos”, afirmou a conselleira. “Temos bos datos de emprego —143.500 cotizantes na cidade—, pero hai que seguir mellorando e traballando no sistema de emprego conectado. Os proxectos irán acompañados de axudas económicas. A Xunta leva investidos máis de 120 millóns neste ámbito”.

A continuación, interviu a técnica de coordinación dos polos, Carmen Costas, para explicar a metodoloxía que se efectúa neles, así como as catro etapas que se levan a cabo para desenvolver os proxectos emprendedores. Miguel Ángel Souto —fundador de Markea-Asociación Galega de Marketing— impartiu a charla Aprende a vender o teu emprendemento: de crear contactos a gañar a confianza do cliente.

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Contiene enlaces a sitios web de terceros con políticas de privacidad ajenas que podrás aceptar o no cuando accedas a ellos. Al hacer clic en el botón Aceptar, acepta el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Configurar y más información
Privacidad