XXV aniversario do Programa Emega de emprendemento feminino

Aguamarina colaborou na organización do acto do XXV aniversario do Programa Emega da Consellería de Emprego e Igualdade, que se celebrou o 19 de novembro de 2021 no salón Arao de Palexco

O acto conmemorou o XXV aniversario do Programa Emega de emprendemento feminino da Consellería de Emprego e Igualdade da Xunta de Galicia. No seu transcurso interviron a conselleira de Emprego e Igualdade, María Jesús Lorenzana Somoza e a exconselleira de Familia, Muller e Xuventude, Manuela López Besteiro, que abriron o acto, e o presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, que clausurarou a xornada a través dun vídeo.

Durante o evento tamén deron a súa testemuña oito mulleres que se beneficiarion desta iniciativa ao longo do seu cuarto de século de vida. Elena Ferro, de Eferro -que se dedica á fabricación de zocos e marroquinería de forma artesanal- e Natalia Silva, de Blue Silk -que comercializa produtos cosméticos termais a partir de augas minero-medicinais- fixérono a través de senllos vídeos nos que abordan a evolución do seu negocio. Tamén se celebrouse unha mesa redonda sobre os retos de emprender sendo muller, na que participaron Ana Álvarez, do centro de rehabilitación Córtex; Aurora García-Boente, responsable de El Centro Habitado de benestar integral; Cristina Gil, fundadora de Milbrait Asesores, unha consultora especializada en intelixencia artificial, e Diana Lameiro, do centro de logopedia e psicoloxía Lingoreta. Finalmente, outras dúas das beneficiarias do Programa Emega compartiron a súa experiencia mediante charlas: Iria Otero, viticultora que elabora Viños con Memoria en Leiro, e Ángeles González, de Shiitake Trives, que produce setas shiitake ecolóxicas desde A Pobra de Trives.

No acto, que foi conducido polos xornalistas Irene Lourido e Eduardo Herrero, tamén se mesturou a música, o baile e o humor, coas actuacións da cantante Carolina Rubirosa, o grupo de danza Druida e a monologuista e actriz Jazmín Abuín.

O Programa Emega púxose en marcha en 1996 co obxectivo de apoiar a igualdade de oportunidades e o empoderamento económico e social das mulleres a través do desenvolvemento do seu propio proxecto empresarial e, só desde 2009, a Xunta leva investidos preto de once millóns de euros no programa, que serviron para desenvolver 900 proxectos empresariais e crear case 1.500 postos de traballo femininos. En 2020, apoiáronse 197 iniciativas emprendedoras -o que supón un máximo histórico- e creáronse ou mantivéronse 323 postos de traballo. Este 2021, as cifras incrementaranse, cunha convocatoria que está dotada de 3,2 millóns de euros, un 54% máis que o ano anterior.

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, acepta el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Configurar y más información
Privacidad