Foto grupal del acto de presentación de las Ayudas AECC 2023

A Asociación Española Contra o Cancro destina máis de 1.200.000 euros á investigación oncolóxica na provincia da Coruña

A Coruña, 22 de febreiro de 2024.- A Asociación Española Contra o Cancro presentou, esta mañá, as Axudas á Investigación AECC concedidas na provincia da Coruña. Nesta ocasión, tras un esixente proceso de concorrencia competitiva, entregáronse os diplomas de seis axudas, que supoñen un investimento global de 715.000 euros. A esta cantidade hai que sumar os máis de 500.000 euros que se adxudicaron o pasado mes de novembro a investigadores predoutorais e estudantes en prácticas.

O obxectivo destas convocatorias é apoiar o talento científico e financiar unha investigación de calidade que dea resposta ás necesidades dos pacientes de cancro, ao tempo que fomentan a estabilidade dos investigadores, impulsan a innovación e fan partícipe a toda a sociedade do desenvolvemento dos proxectos para crear cultura científica.

Durante o acto entregáronse os diplomas aos adxudicatarios, que explicaron en que consisten os seus proxectos de investigación. Tamén participaron o presidente e vicepresidente da Asociación na Coruña, Manuel Aguilar e Carlos Lamora; as directoras científicas do Instituto de Investigación Sanitaria de Santiago de Compostela (IDIS) e do Centro Singular de Investigación en Medicina Molecular e Enfermidades Crónicas (CiMUS), Dra. Luz Couce e Dra. Mabel Loza; a xefa do Servizo de Oncoloxía do Chuac e integrante do Instituto de Investigación Biomédica da Coruña (INIBIC), Dra. Rosario García Campelo, e Tania Casal, paciente oncolóxica, que abordou a importancia da investigación para as persoas con cancro.

Carlos Lamora presentou e moderou o evento, no que, antes de dar paso á entrega dos diplomas, destacou que na Asociación “tenemos muy claro una premisa: sin investigación no hay futuro. Es la investigación lo que ha incrementado las tasas de supervivencia en cáncer en un 20% en los últimos 20 años, gracias a nuevas herramientas de diagnóstico precoz, a tratamientos más específicos y eficaces, mejorando también la calidad de vida de los pacientes. A través de la investigación estamos abriendo caminos hacia un futuro sin cáncer, para prevenirlo, curarlo o cronificarlo”.

O vicepresidente provincial da Asociación destacou, ademais, a importancia destas Axudas para apoiar aos investigadores, e enxalzou o seu labor. “Hoy vamos a hacer entrega de Ayudas a la investigación en la provincia de A Coruña, otorgadas a investigadoras e investigadores que dedican su esfuerzo, su energía, sus horas   —y podríamos decir que su vida— a mejorar la vida de los pacientes. Porque sabemos que la investigación es una disciplina que exige vocación y compromiso, pero también recursos”, asegurou.

A Axuda Proxectos Xerais AECC, a que ten a dotación máis importante —case 300.000 euros—, concedeuse ao Dr. Miguel López, director do grupo NeuroObesidad do CiMUS, que empregará eses fondos nunha liña de investigación centrada no tratamento da caquexia asociada ao cancro empregando nanomedicina no cerebro. A súa hipótese é que o hipotálamo xoga un papel clave no desenvolvemento da caquexia asociada ao cancro e pretende estudar se o uso de nanomedicina dirixida a eses mecanismos pode ser unha estratexia adecuada contra a caquexia, que actualmente segue a ser incurable. Trátase dunha liña de investigación fundamental, xunto co desenvolvemento de tratamentos, para conseguir unha terapia integral contra o cancro e que pode supoñer unha gran mellora na calidade de vida dos pacientes.

Pola súa banda, o Dr. Roberto Piñeiro, do grupo de Oncoloxía Médica Traslacional (Oncomet) do IDIS, recibiu 200.000 euros da Axuda Investigador AECC para o desenvolvemento dunha investigación centrada en entender os mecanismos moleculares de adaptación do tumor aos tratamentos do cancro de mama metastásico —en concreto, de tipo luminal—. Desde xeito, poderanse identificar marcadores de prognóstico e preditivos que guíen aos oncólogos durante o tratamento. Para recoñecer eses mecanismos, o grupo do Dr. Piñeiro empregará o estudo xenético de material tumoral circulante mediante técnicas de biopsia líquida. Con este coñecemento, o proxecto pretende axudar na toma de decisións terapéuticas que permitan unha intervención máis personalizada e que mellore a supervivencia das pacientes con cancro de mama luminal metastásico.

Á Dra. Angélica Figueroa, líder do grupo de Plasticidade Epitelial e Metástase do INIBIC, concedéuselle a Axuda AECC Innova, de 180.000 euros, para o desenvolvemento de novos compostos —xa identificados polo seu equipo— capaces de bloquear o desenvolvemento tumoral e as metástases en cancro de colon. A súa meta é mellorar o resultado da quimioterapia que se emprega de forma convencional en cancro colorrectal e combinala con estes novos compostos para que os tratamentos resulten máis efectivos e evitar a metástase e a recorrencia da enfermidade, ademais de diminuír a cantidade de quimioterapia emprega e, polo tanto, os seus efectos secundarios.

Tamén se adxudicaron dúas Axudas Ideas Semente AECC, de 20.000 euros. A primeira foi para a Dra. Lara García, da Universidade de Santiago de Compostela, que pretende mellorar o diagnóstico precoz de tumores cerebrais e a selección de tratamentos personalizados a través da imaxe molecular mediante unha técnica innovadora chamada ImmunoPET.  Isto permitirá  conseguir información máis específica e selectiva dos tumores, algo que xa demostrou mellorar o prognóstico noutros tipos de cancro, como o de mama ou o de próstata pero que en tumores cerebrais resulta más complexo pola dificultade que existe para acceder ao cerebro.

A segunda das Axudas Ideas Semente AECC foi para a Dra. Aurora Gómez adxudicataria doutra  Axuda Ideas Semente AECC—, investigadora principal no MitoPhenomics Lab do CIMUS, que está estudando o papel das variantes do ADN mitocondrial na formación de tumores e metástase mediante modelos animais. Co seu traballo tamén pretende que os antecedentes xenéticos do ADN mitocondrial sexan un novo obxectivo para a medicina personalizada en cancro.

Por último, Sofía Silva, médica residente no Servizo de Oncoloxía do Chuac, recibiu a Axuda Clínico Formación AECC —dotada con 2.250 euros— para cursar un diploma de especialización en oncoloxía traslacional durante 2024.

No evento participou tamén Tania Casal, paciente oncolóxica e voluntaria da Asociación, que agradeceu o traballo dos investigadores para conseguir novos tratamentos que beneficien aos pacientes e melloren a súa esperanza de vida.

As representantes do IDIS, o CíMUS e o INIBIC incidiron na importancia de apostar pola investigación e destacaron a inestimable axuda que presta a Asociación Española Contra o Cancro a través deste tipo de convocatorias. Rosario García Campelo, do INIBIC, asegurou que, “después de 25 años dedicada a la oncología, estoy viendo avances que nunca creí que vería. La mayoría son resultado de una investigación multidisciplinar, gracias a la combinación de la investigación básica, clínica y traslacional”. As Axudas da Asociación “promueven la excelencia y son garantía de equidad”, e destacou a súa relevancia “para beneficiar a toda la sociedad”.

Pola súa banda, Luz Couce, do IDIS, incidiu, ademais, en la labor de centros como el que dirige, “que estimulan la investigación, hacen posible la llegada de los avances científicos a los pacientes, mejorando su supervivencia y evolución, y sirven de puente para acercar la investigación a las empresas”.

A través dun vídeo, Mabel Loza, do CiMUS, cualificou a financiación da Asociación Española Contra o Cancro como “extraordinaria”. Máis alá de proveer “fondos que los investigadores necesitamos para proponer soluciones frente al cáncer”, as Axudas “nos recuerdan que vamos a estar acompañados durante el proceso de investigación, aportando la visión de los pacientes y la positividad de la Asociación, siempre con la mirada puesta en la transferencia”.

Por último, o presidente da Asociación na Provincia da Coruña, Manuel Aguilar, incidiu en que a investigación oncolóxica “no es solo un desafío científico, sino también una responsabilidad social compartida”.

Desde a Asociación Española Contra o Cancro “llevamos años comprometidos con esta misión. En el ámbito de la investigación, nuestra Fundación Científica —siempre a la vanguardia— seleccionando proyectos de investigación con rigurosos criterios de excelencia. Y nos enorgullecemos de ser la entidad social y privada que más fondos destina a la investigación del cáncer”. Na provincia “hemos destinado más de 1,2 millones de euros a la investigación, una investigación que ya está dando sus frutos y que los continuará dando”. Os recursos para conseguilo “provienen de la generosidad y solidaridad de la sociedad civil: desde nuestros incansables voluntarios, que dedican su tiempo a organizar eventos solidarios, a salir a la calle con sus chalecos verdes, hucha en mano, en más de 43 de nuestras juntas locales de la provincia; hasta las donaciones de personas anónimas que se acercan a nosotros para aportar y el respaldo de nuestros más de 18.000 socios que mes a mes tienen presentes a los pacientes y familias. Sin olvidar a las empresas solidarias de nuestra provincia, y a todos los colaboradores. Cada euro nos acerca más a aumentar la calidad de vida de las personas y su supervivencia” —co reto de acadar o 70% de supervivencia en 2030—. Para conseguilo, “debemos continuar investigando y garantizar que los avances de la investigación lleguen a quienes más los necesitan”.

Para pechar o acto, Manuel Aguilar dirixiuse directamente aos investigadores para darlles as grazas, a cada un deles “por hacer investigación y por ser el futuro de los pacientes, de las familias y de la sociedad. Gracias a todos por creer en un futuro donde el cáncer sea una enfermedad que podamos superar juntos”. Os voluntarios, asegurou, “recibimos siempre más de lo que damos, y en un día como hoy, eso queda más patente que nunca”.

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Contiene enlaces a sitios web de terceros con políticas de privacidad ajenas que podrás aceptar o no cuando accedas a ellos. Al hacer clic en el botón Aceptar, acepta el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Configurar y más información
Privacidad