Aguamarina colaborou no acto de inauguración do polo de emprendemento e apoio ao emprego da Costa da Morte posto en marcha pola Xunta de Galicia no Centro de Promoción Rual – EFA Fonteboa o 7 de outubro de 2022.
Ao acto, conducido polo xornalista Fran Rodríguez, asistiron un centenar de persoas, e varios emprendedores galegos contaron a súa experiencia no rural e as diferentes etapas polas que pasou o seu negocio. Tamén interviñeron o alcalde de Coristanco, Juan Carlos García, e a conselleira de Promoción do Emprego e Igualdade, María Jesús Lorenzana, que clausurou o evento.



